Os nenos acaparan a oferta cultural destes días

Cultura en pequeno

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Teatro, títeres e obradoiros son algúns dos programas culturais deseñados especificamente para estes días. E todos eles comparten o mesmo denominador común: os cativos son os verdadeiros protagonistas. Así, a Fundación María José Jove ofrece esta semana na Coruña dez obras no marco seu festival anual de marionetas. En Santiago, o Salón Teatro acolle unha nova edición da Mostra de Teatro infantil e de Nadal. Pola súa parte, en Vigo, o acabado de inaugurar Museo do Mar organiza talleres infantís para nenos de 5 a 12 anos co obxectivo de dar a coñecer os contidos do museo.

Máis información no web da Fundación María José Jove, no do Igaem e sobre o Museo do Mar no web da Consellaría de Cultura

Que che parece esta nova?
41 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, IGAEM, Nadal, Salón Teatro...