As artes escénicas estiveron de completa actualidade esta fin de semana. Por unha banda, Alonso de Santos revelouse sábado coma gañador do premio María José Jove de teatro infantil, dotado con 30.000 euros e no que a súa obra Viva o teatro, impúxose aos outros 241 orixinais presentados. Tamén foi nestes días que as compañías Monicreques de Cucas, Novedous, Talía, Uvegá Teatro e Teatro denunciaron publicamente a concesión de axudas para o sector que realizou o Instituto de Artes Escénicas e Musicais, ao considerar que priman criterios persoais por riba dos artísticos e presentaron un recurso contra os mesmos. Finalmente, e segundo asegura Vieiros, comeza a soar o nome que substituirá a Manuel Guede á fronte do Centro Dramático Galego. Ánxeles Cuña, directora de Sarabela Teatro, perfílase, segundo este web, como a nova encargada desta entidade.
Máis información en La Opinión sobre o premio María José Jove; en La Voz de Galicia sobre o recurso ás axudas e en Vieiros sobre a posible nova directora do CDG