No ano 2008 a Fundación Barrié iniciou cunha compra de obra por importe cercano ao medio millóns de euros na Feira de Arte Contemporánea, ARCO, a súa colección de arte. Tres anos despois e un proceso de fusión bancaria polo medio, a entidade presentará unha exposición baixo o titulo de A colección no que exhibe a totalidade de obras compradas neste tempo. A colección conta cobn obras de figuras claves da pintura na segunda metade do século XX (Imi Knoebel, Jonathan Lasker, Helmut Dorner, Günther Förg ou Fabian Marcaccio), figuras da pintura española e interncional contemporánea (Jason Martin, Shinique Smith, Sandra Cinto, Daniel Verbis, Katharina Grosse, Simeón Saiz Ruiz) e, por suposto, artistas galegos (da recoñecida Ángela de la Cruz ao emerxente Manuel Caeiro). A exposición, que abre as súas portas mañá na sede coruñesa, ata o 18 de marzo de 2012.
Listaxe das obras que conforman a colección da Fundación Barrié.