A Fundación Barrié iniciou unha política de adquisicións de obras de arte contemporáneas de ámbito internacional, e pretende exhibilas ano tras ano en exposicións co máis destacado das adquisicións que a Fundación faga ao longo do ano. En Construcción I, comisariada por David Barro, amosa obras do norteamericano Jonathan Lasker, o arxentino Fabián Marcaccio, a británica Fiona Rae, o alemán Günther Förg, o galego Pedro Barbeito, a artista alemana Katharina Grosse, o inglés Jason Martin, o alemán Imi Knoebel e a brasileira Sandra Cinto.



A mostra presenta na sede da Fundación en Vigo nove obras de gran formato "a partir dunha montaxe que enfatizará ese estado de tránsito e presente continuo da recén iniciada colección", sinalan desde a Fundación.


