A Fundación Barrié prepara a segunda entrega de En construcción

A mostra reunirá 15 novas obras de arte contemporánea adquiridas pola entidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Fundación Barrié prepara a segunda entrega de En construcción

Artistas coma Frank Nitsche, Herbert Brandl, Otto Zitko, Pedro Calapez ou José Lourenço incorporáronse ao longo de 2008 á colección de arte internacional contermporánea da Fundación Barrié. Agora esta entidade prepara En construcción 2, unha mostra que amosará a partir do vindeiro 4 de xullo en Vigo un total de quince obras destes e doutros autores que fan parte da súa colección. A intención da entidade é explotar a parte íntima do espectador á hora de se enfrontar á obra como contraposición á primeira entrega, centrada en obras de grande tamaño.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Barrié, Vigo

Claves

Entidades
Lugares