A Fundación Seoane comeza a súa nova etapa

Ángela de la Cruz, Julião Sarmiento, Günther Förg ou Eugenio Granell fan parte do programa

Tres meses despois do seu nomeamento, David Barro, flamante director da Fundación Luís Seoane, presentaba a súa proposta de programación para esta temporada. Unha nutrida presenza de traballo galego, que Barro cifra nun 70%, será a marca da casa canda ás colaboracións con outros centros. Precisamente unha exposición de Ángela de la Cruz, "considerada a artista galega máis recoñecida a nivel internacional", segundo o director, preséntase o vindeiro mes de febreiro como a grande aposta da nova temporada. Canda a ela, o portugués Julião Sarmento abrirá o vindeiro 3 de xuño o calendario expositivo. Nomes como Eugenio Granell, Tatiana Medal, Misha Bies Gola, o alemán alemán Günther Förg ou a brasileira Sandra Cinto fan tamén parte do programa. En paralelo a estas propostas, Barro sinalou que se desenvolverán colaboracións con artistas novos do país "que producirán mostras específicas para a fundación relacionadas con diversas vertentes da figura de Seoane".