As fundacións de Caixa Galicia e Caixanova fusionáronse de xeito oficial na Fundación Novacaixagalicia. Foi unha das medidas aprobadas por un consello que, segundo publica hoxe El PaÃs foi prolongado e moi conflictivo. Nel aprobouse o plan de viabilidade da Obra Social de Novacaixagalicia, presentado polo xerente, Guillermo Brea. Segundo este medio haberá recortes en todas as liñas posibles: venderanse edificios, reduciranse gatos de funcionamento ou explotación de servizos e suprimiranse as sedes da fundación en Lugo e Ferrol. En total disporá de 40 millóns de euros para a súa actividade, 20 menos do que tiña en 2011. Este mesmo xornal asegura que se prevé a venda de patrimonio (inmobles e obras de arte) para obter os 75 millóns de euros que precisan para incrementar a participación de Novacaixagalicia en Novagalicia Banco do 6,8% actual ata 9,5%.