A Obra Social de Novacaixagalicia só recibe os fondos artísticos de Caixanova

O novo NCG Banco xestionará tamén algunhas das sedes sociais das caixas

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

As preto de 5.500 obras de arte, na súa maioría cadros, que compuñan a colección Caixanova, pasarán a mans de Obra Social de Novacaixagalicia. Pola contra, os fondos artísticos da colección Caixa Galicia, preto de 1.500 obras, quedarán en mans de NCG Banco, a nova entidade financeira que resultou a fusión e bancarización das dúas caixas galegas. O feito de que os fondos correspondentes a Caixa Galicia fosen adquiridos con fondos financeiros está detrás da decisión, segundo explican La Opinión e Faro de Vigo. Os fondos que integran a colección Caixanova inclúen títulos de Castelao, Sotomayor, Carlos Sobrino ou Urbano Lugrís entre moitos outros autores galegos. En Caixa Galicia atópanse sinaturas destacadas do século XX como Picasso ou Dalí.

O novo banco pasará a xestionar tamén algunhas das sedes que ata o de agora facían parte da Obra Social das caixas. Así, o novo auditorio e mais o Centro Caixanova de Compostela, o Cine Fraga en Vigo ou a sede de Caixanova na Gran Vía de Madrid pasarán a mans de NCG Banco. Segundo asegurou a entidade, ata 2015 destinaranse 25 millóns de euros a Obra Social, e está aprobado un remanente de 95 millóns máis na última reunión da cúpula de Novacaixagalicia, previa á bancarización da entidade.

Que che parece esta nova?
65 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Punto(s) de vista

Punto(s) de vista

Revisamos os fondos máis destacados da colección Caixa Galicia da man da subdirectora

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Caixanova, Caixa Galicia, Picasso, Castelao...