As coleccións de arte en mans da Fundación Novacaixagalicia e de NCG Banco, que supoñen os principais fondos deste tipo que existen en Galicia, serán declaradas Ben de Interese Cultural. Cando menos, asà o pretende a Xunta. O presidente Alberte Núñez Feijóo anunciaba esta mañá no parlamento, en resposta a unha interpelación do grupo do BNG que xa se iniciaron os trámites para obter declaración, que pretende evitar que estes fondos artÃsticos sexan disgregados ou acaben fóra do noso paÃs.
Neste sentido, nos últimos meses diferentes voces, entre elas a de José Manuel GarcÃa Iglesias, antigo director de Acción Social de Caixa Galicia, que alertaban do risco para estes bens por mor da venda do banco. Canda a el, apareceron campañas como a que o arquitecto Carlos Henrique Fernández Coto desenvolveu en Change.org a recoller asinaturas a prol da protección destes bens.
O conxunto que se quere protexer abrangue máis de 4.000 obras de autores como Laxeiro, Colmeiro, Maruja Mallo, Castelao, Leopoldo Nóvoa, Seoane, Lamazares o Leiro ademais de creadores contemporáneos internacionais.