A Xunta incoa a declaración BIC para a Colección Novagalicia Banco

Afecta a máis de 1.300 pezas desta entidade

30/9/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Logo de repetidos anuncios nas últimas semanas, o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a resolución pola que se incoa o expediente para declarar Ben de Interese Cultural a Colección Novagalicia Banco. O proceso pretende evitar a disgregación deste patrimonio artístico e a súa saída de Galicia, así como garantir o acceso ao mesmo por parte do público. O expediente agora aberto afecta a 1.343 pezas entre esculturas, cadros e fotografías de autores tan destacados como Castelao, Brocos, Hevia, Lugrís ou Díaz Pardo entre moitos outros, incluíndo traballos de figuras internacionais como Dalí ou Chagall. Queda pendente o inicio de trámites análogos coas obras en poder da Fundación Novacaixagalicia e mais dos fondos documentais Novagalicia, tal e como anunciara a semana pasada o presidente da Xunta, Alberte Núñez Feijóo.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Castelao, Documentais, Ben de Interese Cultural

Claves

Protagonistas