A colección Novacaixagalicia inicia tamén o camiño do BIC

O DOG publica hoxe a incoación do expediente para protexer as 5.638 obras

1/10/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A Consellaría de Cultura continúa co proceso de declarar Bens de Interese Cultural as coleccións artísticas das caxas galegas. Hoxe no Diario Oficial de Galicia recolle a incoación do expediente para outorgarlle esta protección á colección de Novacaixagalicia, un conxunto de 5.638 obras de máis de mil autores, das cales 3.468 son obras artísticas e 2.170 obra gráfica. Entre os creadores representados atópanse nomes como Arturo Baltar, Rafael Baixeras, Buciños, Faílde, Tino Grandío, Laxeiro, Ovidio Murguía e mesmo traballos anónimos como petos de ánimas, retablos relixiosos ou pías de auga. Logo de que onte a colección Novagalicia Banco iniciase o mesmo proceso, só falta por iniciar o expediente para os fondos documentais de Novagalicia.

Que che parece esta nova?
31 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Laxeiro, Documentais, Bens de Interese Cultural, Ben de Interese Cultural