
O expediente contempla o conxunto arquitectónico da fábrica deseñada por Andrés Fernández-Albalat Lois e anexos como a vivenda de DÃaz Pardo, a Escola de TecnoloxÃa e laboratorios ou o Auditorio e biblioteca. Asimesmo, ten tamén en conta elementos mobles de deseño vencellados ao mesmo.
O conxunto foi construÃdo entre 1968 e os anos 70 do pasado século, e para a súa protección, a Xunta argumenta que se trata "dun exemplo singular e único de industria, na cal o proceso industrial era parte dun proxecto cultural moito mais ambicioso de rexeneración cultural e social de Galicia e no cal o Laboratorio de Formas e as actividades culturais e de investigación derivadas del e da fábrica conformaron unha realidade sobranceira de vangarda diferencialista galega".
Quedan fóra da declaración os edificios máis modernos que hoxe albergan a maior parte do proceso de fabricación da cerámica.