A nova fundación de Abanca terá sedes na Coruña e en Vigo

O padroado estará composto por 28 membros

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Vinteoito patróns dos cales nove serán designados por Abanca, catro polo Parlamento, tres pola Xunta, sete polas grandes cidades, catro polas deputacións e un escolleito polos traballadores da entidade bancaria. Esta será a composición do padroado da Fundación Galicia Obra Social, novo nome da Fundación Novacaixagalicia que operará coa marca comercial Afundación, segundo confirmou no Parlamento o pasado venres o director de Política Financiera da Xunta, Manuel Galdo. A entidade contará con dúas sedes, unha social e fiscal na Coruña e outra institucional en Vigo.

Segundo o acordo asinado entre Abanca e a Xunta, a entidade financeira achegará un mínimo de 5 millóns de euros anuais á fundación, e a partir de 2017 a contía poderá medrar ata o 3% do total de beneficios que obteña anualmente o banco.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Abanca, Vigo, A Coruña, Afundación

Claves

Entidades
Lugares