Catro espectáculos na programación de teatro galego de Novacaixagalicia

Vigo contará cun abono específico para as funcións das compañías galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:
Detalle de "O último cowboy" de Teatro do Noroeste

Detalle de "O último cowboy" de Teatro do Noroeste

O profesional do Centro Dramático Galego, Tres no Bambán de Espello Cónvaco, O pior de Mofa e Befa do dúo formado por Evaristo Calvo e Vítor Mosqueira e O último Cowboy de Teatro do Noroeste son os espectáculos que conforma a programación do teatro galego da obra social de Novacaixagalicia de aquí a final de ano. Veranse só en dúas localidades, Pontevedra e Vigo, xa que o resto de sedes que mantiña a obra social da entidade pertencen agora á Novagalicia Banco, como resultado do proceso de reestruturación bancaria. Agora ben, mentres Vigo ofrecerá as catro funcións (os bonos para ver toda a programación están xa a venda), a oferta de teatro galego en Pontevedra só acollerá unha función, a do Centro Dramático Galego. De tal xeito, a entidade incluirá esta función dentro do abono do teatro xeral.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Vigo, Centro Dramático Galego, Pontevedra...