Novagalicia asegura que non está á venda o local do Preguntoiro

A sede de Cervantes e o Teatro Fraga de Vigo seguen á venda

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A rehabilitación do Preguntoiro, os antigos Almacéns El Pilar, non está en venda. Así o asegura Novagalicia Banco que alude a un erro técnico a publicación deste inmoble no web. O auditorio, que mantivo programación a penas seis meses tralo proceso de fusión das caixas e logo proceso de bancarización, fai parte das propiedades das que non se desfai a entidade bancaria. Pola contra, mantéñense no listado de salida a sede de Cervantes máis o Teatro Fraga de Vigo. Ambos os dous, son edificios que os seus novos propietarios terán que manter a súa finalidade cultural.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Fraga, Cervantes, Vigo

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares