A rehabilitación do Teatro Fraga carece de data de inauguración

Era unha das grandes apostas da antiga Fundación Caixa Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Infraestruturas
Compartir:

Era unha das grandes infraestruturas culturais que a Fundación Caixa Galicia tiña previsto para Vigo: a reforma no novo Teatro Fraga. Pero no medio produciuse unha fusión e, posteriormente todo un proceso de reestruturación bancaria que se desenvolve neste momento. Un novo contexto que fixo que a rehabilitación do emblemático edificio se ralentizara. Faro de Vigo asegura na súa edición desta fin de semana que as obras non teñen data de estrea (barallárase a de febreiro de 2011 hai un par de meses), pero continúan a executarse traballos no interior do emblemático edificio. A obra de rehabilitación está deseñada por César Portela e tiña un orzamento de 25 millóns de euros.

Que che parece esta nova?
61 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Fraga, Fundación Caixa Galicia, César Portela...