O Teatro Fraga de Vigo permanece pechado á espera de comprador

O espazo ía ser o emblema da actividade cultural da antiga Fundación Caixa Galicia

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Hai dez anos a Fundación Caixa Galicia mercou o Teatro Fraga de Vigo para convertelo no emblema da súa actividade cultural. Neste tempo, fusionáronse as caixas galegas que posteriormente se converteron en banco reconvertindo toda a súa actividade cultural e social. Aquel proceso fíxose en paralelo a unha rehabilitación millonaria (varios medios estimaron no seu momento vinte e cinco millóns de euros) do céntrico edificio vigués que, malia a estar rematado, nunca chegou a ser inaugurado. Hoxe, segundo publica Atlántico Diario, o edificio permanece pechado á espera de comprador, sen que a entidade non especificou o prezo.

Que che parece esta nova?
53 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Teatro Fraga, Vigo, Fundación Caixa Galicia...