Unha comedia sobre o encontro entre Franco e Hitler abre o Outono de Teatro de Pontevedra

Sete compañías participan neste programa que se prolonga ata xaneiro

A VI edición do Outono de Teatro de Pontevedra xa está en marcha. Un total de sete compañías achegarán as súas últimas montaxes ao Teatro Principal e ao Pazo da Cultura da cidade durante os vindeiros meses. Todas elas abordan os problemas da sociedade actual desde unha perspectiva irónica e humorística. Lagarta, Lagarta, Teatro do Noroeste, Mofa e Befa e o Centro Dramático Galego son algunhas das compañías presentes neste encontro.

Programa:
Xoves, 16. Compañía Bacana presenta: Hendaya mon amour unha ollada irónica sobre o encontro entre Hitler e Franco. Trátase dunha historia de amor en clave musical.

Xoves, 23 de outubro: Lagarta, Lagarta presenta Aeroplanos que xunta nas táboas a Ernesto Chao e X. M. Olveira, Pico. Trátase de dous amigos viuvos que emprenden unha viaxe intemporal.

Xoves, 6 de novembro. Teatro do Noroeste con Extrarradios unha comedia sobre mulleres desamparadas que se moven no límite da marxinalidade.

Xoves, 20 de novembro. La Imagina Teatro presenta Ubú Rei

Xoves, 4 de decembro: Mala sombra presenta Non é tan fácil, unha comedia de Paco Mir que xira entorno ao momento de que unha persona decide romper unha relación de parella e as situacións que se xeneran para comunicar esa decisión.

Xoves, 11 de decembro: No Comment, fai parte dunha triloxía que pretende explorar formas teatrais mestizas e diversas en forma de comedia. A montaxe, dirixida por Quico Cadaval, transcorre nunha obra en construcción, o Babel moderno, con operarios que non se falan en parte polo barullo das máquinas, e en parte porque veñen de países e culturas diferenteso. A montaxe explora as relacións entre dous obreiros, un novo e o outro veterano, que se atopan nas alturas do edificio.

Xoves, 17 de xaneiro de 2009. Para rematar o ciclo achegarase a última montaxe do Centro Dramático Galego, A boa persoa de Sezuán, na que o portugués Nuno Cardoso presenta unha adaptación de Bertolt Brecht.

As representacións terán lugar no Teatro Principal e no Pazo da Cultura e o prezo é de 5 euros, 3 para estudantes, parados e xubilados.