Sete compañías de teatro daranse cita en Redondela no "Teatrarte 2001"

Redondela a escea

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

"Teatrarte 2001. Sete olladas de teatro para Redondela". Este é o nome do festival de teatro co que Redondela se convertirá durante os meses de febreiro e marzo nunha referencia dentro do mundo desta arte escénica. "Talía teatro", "Teatro do atlántico"... así ata un total de sete compañías encherán a programación deste festival que botará a andar o próximo 3 de febreiro.

Olladas de teatro

O "Teatro do Morcedo" con "A branca rosa. Os piratas" é o encargado de iniciar o próximo 3 de febreiro o ciclo "Teatrarte 2001. Sete olladas de teatro para Redondela" que prentende convertir a vila de Redondela nunha referencia dentro do mundo da representación escénica. Así o referenciou onte o propio concellal de cultura redondelán, Javier Núñez Salgado, a propósito da presentación oficial do propio certame. Esta edición do festival acolle a compañias com "Talía Teatro", "Teatro do Atlántico", "Mohicana", "Producción librescena", "Ollomoltranvía" e "Teatro da coviña".


Accesibilidade

Unha das características que se ten prevista para esta nova edición do certame é a accesibilidade ás propias representacións. Así o concello poderá á venta uns bonos que se poden merca ó precio de 2.000 pesetas que da dereito á entrada ás sete obras que se representarán. O prezo normal das funcións é de 500 pesetas en taquilla. As funcións terán lugar tódolos sábados ás dez da noite. Teatrarte 2001 goza cun presuposto de tres millóns de pesetas e conta coa colaboración do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais (IGAEM).

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Redondela, Teatro do Atlántico, Talía Teatro...