Quince compañías participarán no XIII Festival Internacional de Títeres de Redondela

Unha exposición e sesións de teatro íntimo son as grandes novidades desta xeira

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Cunha compañía máis e coa intención de superar os 30.000 espectadores da última edición, Redondela acollerá entre o 14 e o 20 de maio o seu XIII Festival Internacional de Títeres. A manter os ciclos centrados na escola, o teatro de rúa e mais as sesións para adultos, o programa incorpora un ciclo de teatro íntimo con aforo limitado a 120 persoas e inclúe a exposición Os Monicreques da Escola, na que escolares da comarca amosarán os seus propios títeres.

Canda a isto, o proxecto contará coa presenza de quince compañías chegadas do Reino Unido, Dinamarca, Bulgaria, Portugal e España, que se seleccionaron entre máis de 580 propostas de todo o mundo. En total serán dez funcións no Multiusos da Xunqueira en horario de tarde e de noite, mentres no ciclo de rúa poderán verse 20 espectáculos e as sección escolar achegará oito obras exclusivamente para colexios.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Redondela, Xunqueira, Dinamarca...