
Canda a elas, compañÃas galegas como Alakrán, Xirapaus, Mircromina, Trécola, Viravolta, Paporrubio, Teatro ao Cubo ou Tanxarina fan parte dun programa no que tamén participan Mutis Teatro, de Segovia, o grupo andaluz El Espejo Negro, tamén recoñecido con varios Premios Max, o portugués Rui Sousa ou o Grupo Saltimbanqui, de México, ata un total de 28 compañÃas participantes.
No apartado expositivo, TÃteres Alakrán protagoniza unha mostra na que compila pezas dos seus vinte anos de traballo. Entre as novidades desta xeira destaca a montaxe que levará polas rúas da vila un Aquiles animado de cinco metros de altura. No apartado musical, o programa conta con actuacións de Pulpiño Viascón, The Turre's Band, Cê Orquestra Pantasma ou Kedirán.