
As compañÃas que elixen Narón para estrear os seus espectáculos téñeno claro. Para Arturo López, de Espello Cóncavo que acaba de presentar esta fin de semana nese escenario a súa obra Limpeza de sangue, “Narón é o exemplo do que se debe facer”. “Póñennos todas as facilidades para presentar os espectáculos, poñen a disposición o auditorio toda a semana para os ensaios e de xeito gratuÃto” explica Ernesto Chao, director de Lagarta, Lagarta que estreou alà a súa última montaxe Cásting. En total, neste ultimo trimestre do ano pasarán por Narón doce compañÃas (galegas, españolas e mesmo unha chilena), e a metade delas estrearán espectáculo alÃ. Arturo López incide na importancia de Narón no mundo das artes escénicas “porque programa moito teatro, os mellores grupos e as mellores compañÃas pasarán por alà e, ademais, o público responde”. A dÃa de hoxe, existen 700 aboados ao Pazo da Cultura e unhas medias de espectadores que oscilan entre os 350 e os 450 espectáculo. Ser aboado implica un desconto do 30% con respecto ao prezo normal da entrada (8 euros) e unha reserva de praza que se garante ata tres dÃas antes da función grazas a un sistema informático deseñado especificamente para as caracterÃsticas do público de Narón. Pero existe, outra variable que xustifica toda esta actividade: un padroado municipal da Cultura que ten moi claro a súa aposta pola cultura en xeral e polas artes escénicas en particular. Máis un técnico de cultura, Luciano Fernández, que leva anos desenvolvendo un traballo exemplar.
A especificidade de Narón
“Penso que as compañÃas teñen conciencia de que Narón é un lugar que ama o teatro” explica Luciano Fernández. Pero non é algo recente, senón que se remonta aos anos cincuenta, cando existÃan tres parroquias con compañÃas de teatro amador. Lonxe de esmorecer toda esa afección, foise canalizando desde o concello ata crear obradoiros de teatro, grupos de teatro amadores, máis unha escola de formación de actores e actrices. De xeito paralelo, “desde hai quince anos temos unha programación de teatro estable que, en palabras de Luciano Fernández, posibilita que de setembro a xuño todas os sábados hai funcións programadas”. Foi en 1993 cando Narón puxo en marcha a primeira gran campaña de captación de público. Baixo o slogan “Os sábados hai algo máis que fútbol, vén ao teatro” pretendeu canalizar cara o patio de butacas a todos os afeccionados que se formaban e actuaban nas escolas e grupos da localidade. O resultado non foi malo e, ademais, supuxo “que a xente soubera que existÃa unha posibilidade, que todas as fins de semana se programa algo no auditorio municipal” explica este técnico. Co tempo, e co traballo continuado de Luciano Fernández (que asiste a gran parte de feiras e encontros e ve unha media de trescentos espectáculos ao ano) conseguiuse que, ademais de saber que existe programación, en Narón todo o que e programa é de calidade. “Non só programamos para o público, senón que imos un pouco máis alá porque pensamos que é parte da nosa obriga. Se o teatro privado ten que garantir os ingresos, nós debemos garantir máis a liberdade de expresión” afirma Luciano. Grazas a esa visión do que é a programación nun espazo público, Narón foi un dos primeiros concellos por apostar por Matarile Teatro (houbo funcións que alén da súa propia sala, a Galán, só fixeron en Narón en Galicia), por Pisando Ovos (compañÃa de danza) cando comezou, ou mesmo foi un dos trece escenarios polos que se representou en toda España un espectáculo sobre a loucura no que participaron xentes en tratamento psiquiátrico. Os froitos deste traballo que levan sementando varias décadas, agroman cunha ollada rápida á programación dun Pazo da Cultura que ten o espazo escénico máis grande de toda Galicia.