A Fundación Seoane busca incorporar tres novos patróns

A xunta xeral aprobou a proposta de nomeamento de Rosario Sarmiento, Jesús Ángel Sánches e a Fundación MOP

21/3/2025 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A xunta xeral da Fundación Luís Seoane da Coruña aprobou este xoves a proposta de incorporar tres novos patróns e dar continuidade no padroado ao artista e poeta Manuel Vilariño. Segundo recolle o xornal La Opinión Coruña os patróns vitalicios Manuel Gallego Jorreto e Xosé Díaz Arias propuxeron oito candidatos dos que elevaron a votación da xunta xeral catro deles. Como resultado a fundación buscará incorporar ao seu padroado á Fundación Marta Ortega Pérez (MOP), a crítica e comisaria artística Rosario Sarmiento e ao catedrático de Historia da Arte Jesús Ángel Sánchez, ademais da citada continuidade de Manuel Vilariño. Segundo os protocolos agora daráselles traslado desta decisións aos propios elixidos para que decidan a súa incorporación ou declinen a proposta.

Que che parece esta nova?
87 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosario Sarmiento, Manuel Vilariño, Fundación Seoane, Fundación MOP...