O Concello da Coruña está disposto a alugar o edificio do MAC para darlle continuidade

A Fundación Naturgy quere que Xunta e Concello presenten un plan para a colección de arte

| Santiago. Redacción | Seccións: ArtePolíticas Culturais
Compartir:

O Museo de Arte Contemporánea (MAC) da Fundación Naturgy na Coruña pechou as súas portas e finalizou a súa actividade o pasado 28 de decembro. Desde o momento no que a empresa eléctrica anunciara a súa intención de botar ese peche as administracións públicas (Xunta e Concello) puxéronse en marcha para intentar evitalo ou, cando menos, manter en Galicia a súa importante colección de arte acumulada desde a súa apertura en 1995 como Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa (MACUF). Segundo informa o xornal La Opínión de Coruña na súa sección local, Concello, Xunta e a empresa Naturgy manteñen contactos para alcanzar un acordo e nos que o Concello puxo sobre a mesa a proposta de alugar o edificio temporalmente ata atopar un novo espazo para o museo e a actividade cultural que viña desenvolvendo. Segundo La Opinión a empresa ten disposición a aceptar esta proposta pero aínda está agsrda que Concello e Xunta definan un plan para o futuro da colección de seiscentas obras de arte que a Fundación Naturgy tamén quere deixar en Galicia.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello da Coruña, Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa, Macuf, La Opinión