Artistas do país lamentan o feche do MAC

Denuncian a desaparición do centro coruñés cun comunicado e na inauguración da nova mostra

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

A apertura onte da que será a derradeira mostra do Museo de Arte Contemporánea Naturgy estivo tinxida de reivindicación. O antigo MACUF abriu onte as portas da XV Mostra de Arte coa presenza dun nutrido grupo de artistas e afeccionados que reivindicaron a importancia deste espazo para a cultura e arte contemporánea do país. No evento interviu, fóra de programa, o presidente da Asociación Profesional de Artistas A Colectiva, Jorge Couceiro. Precisamente esta entidade publicaba onte un comunicado no que sinala o seu "total desacordo coa decisión tomada polos responsable de Naturgy" ademais de considerar "inaceptable o xeito no que foi comunicada". A asociación amosou o seu apoio ao equipo de profesionais afectado polo feche e reivindicou o museo como "un dos piares fundamentais do tecido cultural contemporáneo galego". A entidade acaba de iniciar unha campaña de sinaturas en Change.org para reivindicar a acción das institucións públicas de cara a que se manteña a actividade cultural do centro.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Macuf

Claves

Entidades