A XV Mostra de Arte Naturgy será a última actividade que acolla o Museo de Arte Contemporánea que a Fundacion Naturgy mantén na Coruña. O Centro, nado en 1995 como Museo de Arte Contemporánea Unión Fenosa botará o feche o vindeiro 30 de decembro e a entidade responsable do mesmo anunciou que está en negociación coa Xunta de Galicia para a cesión da colección que se almacena no centro. Estes fondos, arredor de 700 pezas maiormente de autores galegos e españois, están valorados en preto de cinco millóns de euros e, segundo informa La Voz de Galicia a Xunta amosou o seu interese porque estas pezas fiquen no noso paÃs. O centro que agora desaparece foi a base de numerosas actividades culturais e iniciativas artÃsticas no noso paÃs ao longo da súa historia, e actuou como impulsor da creación a través de certames e bolsas para artistas.