Xavier Seoane abandona o padroado da Fundación Seoane denunciando o incumprimento do estatutos

Seoane en Crise

16/5/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O incumprimento dos estatutos e a falta de apoio á actividade son as razóns fundamentais polas que o poeta Xavier Seoane abandonou o padroado da fundación Seoane. Segundo publicaba onte La Opinión, o escritor considera que o apoio económico do concello non é abonda para que a institución cumpra os obxectivos que ten marcados nos seus estatutos. Pola súa banda, Xosé Díaz, outro dos padróns das entidade apuntou que o abandono da concellaría de Cultura por Méndez Romeu supuxo unha perda no apoio que o concello outorgaba á entidade. Finalmente, o Reitor da Universidade da Coruña, José María Barja, apunta no mesmo xornal que é necesaria unha maior implicación da Xunta para pór a andar axeitadamente a entidade.

Máis información en La Opinión e nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xavier Seoane, Xavier Seoane, Fundación Seoane, La Opinión...