A Consellaría de Cultura ampliará o investimento na Fundación Luís Seoane logo de recortar a súa participación no MARCO

Redistribución de museos

| Santiago. Redacción | Seccións: Escolle sección
Compartir:
A intención é "reequilibrar" as dotacións que a Consellaría de Cultura outorga aos museos do país. Ánxela Bugallo anunciaba onte que o seu departamento incrementará o apoio á Fundación Luís Seoane, con sede na Coruña, xa que ata o momento a súa participación era de só 3.000 euros anuais sobre un orzamento de 360.000. Ao tempo, a Consellería lembrou que o actual goberno de Vigo reducira en 150.000 euros a súa achega económica ao MARCO, respondendo así ás críticas municipais polo menor apoio que dará a Xunta a esta institución. Aínda sen concretar a participación no orzamento da Fundación Seoane, este departamento sinalou que o centro vigués continúa a ser o que recibe un maior apoio dentro das axudas a museos.

Máis información en Galicia Hoxe, en Faro de Vigo, e en La Opinión; máis sobre a polémica do orzamento nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Luís Seoane, Fundación Luís Seoane, Ánxela Bugallo...