José María Barja é o novo reitor da Universidade da Coruña ao alcanzar o 57.39% dos votos

Barja na Maestranza

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
O 57.39% dos votos fixeron que onte o candidato de Nova Luce, José María Barja se convertira no novo reitor da Universidade da Coruña. Coa chegada á Maestranza do grupo da oposición ponse un punto e final aos trece anos nos que José Luís Meilán Gil estivo á fronte da institución coruñesa. Jose María Barja conseguiu o apoio maioritario dos profesores doutores, estudantes e o PAS (persoal de administración e servicios). As primeiras eleccións por sufraxio universal na Universidade coruñesa saldáronse cunha participación masiva.

Máis información en La Voz de Galicia e consulta o equipo de goberno en La Opinión

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade da Coruña, La Opinión, La Voz de Galicia