Un congreso analizará o entorno cambiante das redes sociais aplicadas ao eido empresarial

A cita ten lugar en Expocoruña os días 2 e 3 de xuño

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

Que as redes sociais están a mudar os modelos de negocio non é novidade. Que o fan a cada diariamente e que non ten volta atrás, tampouco. E como adaptarse ao mundo das 2.0 falarase na segunda edición de B-web, o encontro galego que mestura interactividade, redes sociais e negocios, que se desenvolve na Coruña. Estudios de casos concretos, conferencias e seminarios de traballo conforman a estrutura dun encontro que contará coa participación de Wicho, o xestor do popular blog Microsiervos e responsable de informática dos Museos Científicos Coruñeses ou Juan Merodio, autor do libro Como empezar a promover o teu negocio nas redes sociais.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museos, Museos Científicos Coruñeses, A Coruña

Claves

Conceptos
Lugares