
Despois de catro edicións, Nethinking consolÃdase como un referente nos encontros de bloggers, expertos en redes sociais e comunicadores. Nesta quinta edición, organizada pola Fundación Illa de San Simón, "seguirase reflexionando sobre os efectos dunha das revolucións tecnolóxicas máis decisivas da historia da humanidade nas nosas vidas, no noso traballo, na nosa creatividade, na nosa linguaxe e no noso modo de relacionarnos".
Este encontro contará coa presenza de especialistas en redes sociais e contidos dixitais como Antonio Delgado, xornalista e blogger especializado en tecnoloxÃa, medios e sociedade; Eduardo Arcos, fundador de Hipertextual, a rede de medios dixitais máis importante de Latinoamérica; ou Estrella MontolÃo, Catedrática de Lingua, investigadora e experta en linguaxe en contextos profesionais; entre outros.