Cun programa deseñado a partir das redes sociais e Galicia, a segunda edición do evento Compostweets celebrarase en Santiago de Compostela, no Centro de Novas TecnoloxÃas de Galicia, este sábado 25 de febreiro. Unha ampla nómina de profesionais do sector das novas tecnoloxÃas e redes sociais daranse cita na rede. Empresas galegas de comercio electrónico, edición dixital, publicidade, blogs e desenvolvedores de software contarán estratexias e casos ao redor do uso das redes sociais. O aforo, segundo o twitter oficial do evento, está esgotado.