Morre en Vigo Xan Bouzada, o sociólogo da cultura

O sociólogo da cidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Foi un dos nosos grandes especialistas en socioloxía da cultura. Coordinou para o Consello da Cultura Galega o primeiro informe sobre as políticas culturais das sete cidades de Galicia, entidade na que promoveu a creación do Observatorio da Cultura. Actualmente formaba parte do equipo do Ministerio de Cultura que desenvolvía unha análise sobre a realidade cultural en todo o Estado. Xan Bouzada, profesor da Universidade de Vigo no Departamento de Socioloxía, Ciencia Política e da Administración e Filosofía, falecía onte en Vigo despois dunha longa enfermidade. Esta tarde ás seis haberá un acto civil de homenaxe no Tanatorio Vigomemorial en Puxeiros.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Filosofía, Ciencia, Universidade de Vigo, Consello da Cultura Galega...