Un informe destaca a necesidade de racionalizar as infraestruturas culturais das sete cidades de Galicia

Cultura de sete

31/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
17 lecturas | Compartido 0 veces
Maior número de edificios culturais, maiores entidades, máis cartos e unha preocupación política por mellorar a oferta cultural. Son algunhas das conclusións que ofrece o informe “Política Cultural nas sete Cidades de Galicia” que coordinou Xan Bouzada para o Consello da Cultura Galega. Un repaso pola política municipal das nosas cidades.
Existen dous momentos claves na política cultural actual. Dunha banda a importancia crecente dos concellos como axentes dinamizadores e, da outra, a implicación de sectores privados. Xan Bouzada, coordinador do informe e un especialista en política cultural recoñece que “neste momento podemos afirmar que a municipalización da cultura, a emerxencia das vilas e cidades coma actores culturais, constitúe unha das tendencias evolutivas máis claras a este nivel do proceso de diversificación político-cultural”. O segundo momento no que estamos a día de hoxe pasa pola búsqueda deses concellos da implicación de capital e axentes privados na xestión da política cultural. Fundacións, convenios, contratos, patrocinios, concursos públicos ou a creación de consorcios ou institutos municipais (véxase o caso do IMCE, Instituto Municipal Coruña Espectáculos) serven de modelo deste novo panorama cultural.

Neste contexto, o informe “As políticas culturais das sete cidades galegas” pretende facer un repaso polas infraestruturas, iniciativas e demandas de cada un deses núcleos porque, malia que os orzamentos en ámbito cultural sexan inferiores ao doutros departamentos, a súa xestión tamén permite ver diferencias entre eles. Cómpre precisar que o estudo de campo foi realizado no 2005 e que, con case dous anos de diferencia e unhas eleccións municipais entre medias o panorama mudará nos vindeiros meses en moitos destes concellos. Vexamos un por un cada un deles.

Universo culturagalega.gal

Contextos

Claves