A Universidade de Vigo homenaxea a Xan Bouzada oito meses despois da súa morte

Foi un dos sociólogos máis destacados no eido da cultura

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Amigos, alumnos e compañeiros do profesor Xan Bouzada teñen unha cita no salón de graos da Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación o vindeiro 21 de xaneiro. É o día no que a Universidade de Vigo lle renderá homenaxe a un dos grandes especialistas en socioloxía da cultura. O acto estará presidido polo reitor da Universidade de Vigo, Alberto Gago, e contará coa intervención do decano da Facultade de Ciencias Sociais, Aberto Pena. Bouzada coordinou para o Consello da Cultura Galega o primeiro informe sobre as políticas culturais das sete cidades de Galicia e formaba parte do equipo do Ministerio de Cultura que desenvolvía unha análise sobre a realidade cultural en todo o Estado.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Universidade de Vigo, Morte, Consello da Cultura Galega, Ministerio de Cultura