O II Foro Indcrea sobre Emprendemento e Innovación nas Empresas Culturais celebrarase na Illa de San Simón entre o 17 e o 19 deste mes da man da ConsellarÃa de Cultura e mais do Consello da Cultura Galega. O encontro contará coa presenza de 50 especialistas de dieversos ámbitos que abordarán cuestións como o valor económico das industrias culturais, os modelos de negocio ou as reestruturacións ante a crise. As oportundiades de I+D e a busca de novos ámbitos de actuación serán tamén abordados por parte de investigadores coma Neysi Palmero, catedrática da Facultade de Comunicación e Mercadotecnia da Universidade Autónoma de Guerrero (México), Francisco Rui Cadima, catedrático de Comunicación da Facultade de Ciencias Sociais e Humanas da Universidade Nova de Lisboa ou Ana Cristina Correia Gil, profesora da Universidade Pública das Açores entre moitos outros.
Programa do INDCrea 2012.