Un foro analiza as estratexias das industrias culturais diante da axenda 2020

O encontro terá lugar do 19 ao 21 de setembro na Illa de San Simón

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

INDCREA é o nome dun proxecto que pretende debater sobre o futuro das industrias culturais e creativas de Galicia diante da Axenda 2020, estratexia desenvolvida pola Comisión Europea como alternativa para salir da crise. Organizado pola Consellaría da Cultura (Agadic e a Fundación Illa de San Simón) xunto co Consello da Cultura Galega, reunirá a 50 especialistas en industrias culturais para analizar estratexias de crecemento a partir do sector cultural. O audiovisual, a música, a edición, a arquitectura, a moda, a divulgación ou o xornalismo son as áreas nas que se centra este encontró que será retransmitido en streaming na canle de San Simón e a través de Twitter.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xornalismo, Twitter, Arquitectura, Fundación Illa de San Simón...