A Xunta crea o Laboratorio Permanente das Industrias Culturais

Presentadas as conclusións do Foro INDCREA

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

Agadic e o Consello da Cultura Galega clausuraron onte en San Simón o cumio académico e profesional "Galicia e as industrias culturais e creativas diante da Axenda 2020", celebrado ao longo da semana na Illa de San Simón. Juan Carlos Fasero, director de AGADIC, anunciou a creación do Laboratorio Permanente das Industrias Culturais, co obxectivo de realizar "proxectos de investigación centrados no deseño de estratexias e políticas culturais orientadas á xeración de riqueza, valor engadido e emprego para un sector que se presenta como oportunidade de futuro". O Foro celebrado en San Simón subliñou a crecente dimensión económica das industrias culturais e a súa vinculación ás sociedades con alto nivel de riqueza.

Que che parece esta nova?
39 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consello da Cultura Galega, Illa de San Simón, Juan Carlos Fasero, Axencia Galega das Industrias Culturais