San Simón acollerá un laboratorio para promover as industrias culturais

Pretende trazar medidas de actuación para conveter a cultura en motor económico e social

| Santiago. Redacción | Seccións: Cultura
Compartir:

O consello da Xunta decidiu onte crear un labotarorio permante para potenciar o sector das industrias culturais. Estará formado por un grupo de estable de académicos, investigadores e profesionais e terá a súa sede na illa de San Simón. O seu obxectivo é o de propor medidas para deseñar as políticas culturais orientadas a xerar riqueza, valor engadido e emprego no eido da cultura. A medida é unha das conclusións dun encontro realizado nesa illa o pasado mes de setembro. Foi a parte máis visible do proxecto INDCREA, desenvolvido para situar as industrias da cultura diante da Axenda 2020 (estratexia creada pola Comisión Europea para situar a economía diante do novo contexto económico e social).

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Economía, Comisión Europea, Illa de San Simón

Claves

Entidades
Conceptos