Logo da suspensión da primeira data prevista, en abril do pasado ano, por problemas no transporte aéreo, a profesora de SocioloxÃa e Directora de Investigación do Departamento de Ciencias PolÃticas e Sociais no European University Institute de Florencia (Italia) e especialista en movimentos sociais Donatella della Porta estará no Consello da Cultura Galega o xoves 13 de xaneiro. Della Porta visita Compostela para falar dos “Movementos sociais e a sociedade civil: de como os emerxentes conflitos sociais cuestionan as perspectivas adoptadas polas Ciencias Sociais”. Será ás 17 horas no marco do Seminario interdisciplinar “O(s) Sentido(s) da(s) Cultura(s), que coordina Ramón Maiz.