Cultura amplía a lista de embarcacións do Censo do Patrimonio Cultural

Son trece dornas, galeóns, traiñeiras e botes polbeiros

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Trece embarcacións tradicionais matriculadas en Vilagarcía, Viveiro e A Coruña acaban de ser incluídas no Censo de Patrimonio Cultural de Galicia, de acordo coa resolución publicada hoxe no DOG. As embarcacións recibiron os preceptivos informes dos mestres carpinteiros de ribeira e da Asociación Galega de Carpintería de Ribeira que as acreditan como "manifestación das técnicas construtivas da carpintería de ribeira". Trátase de dúas dornas polbeiras, catro botes polbeiros de Bueu, dous galeóns, unha dorna de media construción e dúas dornas cordeleiras.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Bueu, A Coruña, Vilagarcía, Viveiro...