O Consello da Xunta declarou hoxe as técnicas construtivas da carpintería de ribeira como ben de interese cultural (BIC) do patrimonio cultural inmaterial de Galicia. Trátase dunha decisión que ten por finalidade preservar os sistemas tradicionais e recoñecer o valor sobranceiro na conformación da identidade do pobo galego desta técnica para construír embarcacións de madeira.
Así, co obxectivo de garantir a investigación, protección e promoción desta técnica ligada á historia e á cultura de Galicia, o decreto establece que se deberán tomar medidas específicas de salvagarda entre as que se inclúen a creación dun órgano de xestión ou a promoción dun censo de embarcacións tradicionais, barcos históricos de Galicia e mestres carpinteiros de rexistro voluntario, no que as embarcacións serán anotadas, despois do informe do órgano de xestión ou dos informes técnicos que correspondan, que avaliará a antigüidade, autoría ou correspondencia cos modelos tipolóxicos. Tamén poderán ser obxecto desta medida de salvagarda os espazos portuarios relacionados coas embarcacións tradicionais e as súas actividades.
A carpintería de ribeira non é a única técnica construtiva que conseguiu ser declarada BIC. Tanto é así que en novembro de 2018 a pedra seca, unha técnica de construción tradicional que prescinde de calquera argamasa ou morteiro, foi incluída na lista representativa do patrimonio inmaterial da Unesco como parte dunha candidatura conxunta de oito países europeos liderada por Grecia e Chipre.