O Museo do Mar abre unha exposición fotográfica sobre a carpintería de ribeira

Son 50 imaxes do Concurso de fotografía Museo Massó de Bueu

| Santiago. Redacción | Seccións: PatrimonioExposicións
Compartir:

O Museo do Mar, radicado en Vigo, inaugurou a mostra temporal "A carpintería de ribeira. A fráxil beleza dun oficio". Está feita en colaboración co Museo Massó de Bueu, quen convocou en 2017 un concurso fotográfico centrado na carpintería de ribeira tradicional. A mostra permite ver cincuenta das imaxes presentadas ao certame. Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura, lembrou que a Xunta "está a impulsar a declaración de ben de interese cultural das técnicas construtivas da carpintería de ribeira como manifestación do patrimonio inmaterial de Galicia".

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Museo Massó de Bueu, Fotografía, Anxo Lorenzo, Ben de Interese Cultural...