O Decreto de 2019 que declaraba BIC as técnicas construtivas da carpinterÃa de ribeira contemplaba a creación dun censo de embarcacións tradicionais e históricas, entendido como unha sección dentro do "Censo do patrimonio cultural de Galicia", que contemplara que "para o coñecemento e difusión das embarcacións que teñan a consideración de embarcación tradicional galega, asà como promover outras medidas de fomento para a súa conservación e protección". Desta volta, no DOG de hoxe publÃcase a inscrición de oito embarcacións de diferentes puntos de Galicia. Xoulón (Bote de Ribadeo, Burela), Curuxán (Dorna cordeleira, VilagarcÃa de Arousa), Lelia Doura (bote de media construción, Ferrol), Balbina (Lancha patexeira, Sada), Reina (Bote das RÃas Altas, Ribeira), NordesÃa (Bote das RÃas Altas, Ferrol), Funqueira (Dorna polbeira, VilagarcÃa de Arousa) e Canouro (Bote das RÃas Altas, Ferrol). A Xunta indicou que nos vindeiros dÃas iranse publicando as resolucións dos restantes barcos: Semparada, Falucheira, Fanequeira, A Marosa, A Oleira, Anguleiro, Madorniña, O Peixiño, Silvia Cristina, Mar de Muros, A Barola, Cormoráns de Ons, Chasula, Sara O e Casilda Un, ata un total de 23.