Varela reúnese con Eisenman para explicarlle o seu calendario sobre a Cidade da Cultura

O conselleiro de Cultura non ofreceu unha data para o remate do Gaiás

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:
Roberto Varela e Peter Eisenman reuníronse por primeira vez para falar da Cidade da Cultura

Roberto Varela e Peter Eisenman reuníronse por primeira vez para falar da Cidade da Cultura

Era a primeira reunión con Peter Eisenman, arquitecto responsable da Cidade da Cultura, desde que Roberto Varela tomou posesión como Conselleiro de Cultura. O encontro, que segundo unha nota de prensa da Consellaría foi “cordial e positivo”, tiña como obxectivo axustar os ritmos da construción do edificio á celebración do Xacobeo e á intención de comezar a abrir ao público o complexo do Gaiás. Nela, conselleiro e arquitecto analizaron as propostas presentadas ao concurso de urbanización da Cidade da Cultura e que son imprescindibles para permitir o acceso á mesma. Ademais, Varela trasladoulle a Eisenman a intención da Xunta de concluír o conxunto arquitectónico, aínda que non precisou cando.

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gaiás, Roberto Varela, Xacobeo, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos
Lugares