Balance positivo do Xacobeo 2010 pese a un inicio de ano moi desfavorable

Roberto Varela admite que o inicio foi preocupante porque “o Xacobeo non arricancaba”

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Aínda que o ano Xacobeo empezou en xaneiro, non foi ata marzo cando as cifras de visitantes e a programación cultural comezou a despuntar. Así o recoñece Roberto Varela, conselleiro de Culturam nunha entrevista concedida a El País, que fai un balance positivo “aínda que pasamos un mal momento a inicios de ano porque o Xacobeo non arrincaba”. A crise económica e o pouco tempo que tiveron para organizalo foron condicionantes para un ano que tivo, na súa opinión, “unha programación dun nivel moi alto”. Para aproveitar o efecto turístico desde preto de nove millóns de visitantes (as cifras que facilitan son do INE e aínda faltan os resultados do mes de decembro),Varela apunta a novos feitos como a celebración do 800ª aniversario da consagración do edificio, a inauguración da Cidade da Cultura e a continuación dalgúns dos eventos do Xacobo (como o Sónar).

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Ano Xacobeo, INE, El País...