Roberto Varela anuncia un Xacobeo “modesto” afastado de concertos de renomes

Os músicos galegos terán un papel “prioritario e predominante” na programación

| Santiago. Redacción | Seccións: Cidade da Cultura
Compartir:

Nin Madonna, Coldplay, Robbie Williams, Radiohead ou U2. O Conselleiro de Cultura, Roberto Varela, confirmaba nunha entrevista concedida á Cadea Ser que ningún deles estará no Xacobeo 2010. A menos de dez días de que se presente o programa oficial (será o vindeiro día 20 de outubro), adiantou que será un orzamento “modesto”, moito máis reducido que en anteriores ocasións. O que si confirmou é que os artistas e músicos galegos contarán cun “papel prioritario e predominante” na programación. En relación coa Cidade da Cultura, Varela apuntou que haberá que esquecerse dos prazos para rematar o complexo e que haberá que redefinir os usos dalgúns edificios.

Que che parece esta nova?
28 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Roberto Varela, Xacobeo, Cidade da Cultura de Galicia

Claves

Protagonistas
Conceptos