Galicia recibiu 9,3 millóns de visitantes en 2010

A Xunta presenta a memoria cos datos do Xacobeo 2010

| Santiago. Redacción | Seccións: Turismo
Compartir:

O Presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, amosouse onte satisfeito dos resultados do Xacobeo 2010, presentados na Cidade da Cultura. 9,3 millóns de visitantes achegáronse ao país durante o ano pasado. "Dobrou practicamente todos os indicadores turísticos respecto da media nacional e respecto do último Xacobeo, sendo líder na maior parte deles", asegurou o mandatario, quen apuntou que estas cifras permitiron compensar a caída provocada pola crise económica. As cifras da Xunta indican que os eventos do Xacobeo tiveron 7 millóns de asistentes. A liña con máis público foron os 757 eventos reunidos baixo o epígrafe "Camiño da música", que xuntaron a case tres millóns de persoas. Feijóo tamén avogou por continuar nesta liña de programación cultural no 2011 co 800 aniversario da Catedral de Santiago e a celebración do Ano da Música, entre outros eventos.

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo, Catedral, Xunta de Galicia, Catedral de Santiago...