A Xunta cifra en 9,4 millóns os visitantes do Xacobeo

Destes, 4.274.840 persoas pernoctaron en establecementos regrados

| Santiago. Redacción | Seccións: TurismoXacobeo
Compartir:

Cun incremento do 11% non número de pernoitas respecto ao ano anterior, o Xacobeo 2010 rematou con 9.359.005 visitantes a Galicia. A Consellaría de Cultura presentou onte as cifras finais a este respecto no Consello da Xunta, salientando que en total foron 9,7 millóns de pernoitas as que se realizaron en establecementos regrados. No entanto, destaca que máis da metade das visitas ao noso país (5.084.165 persoas) foron realizadas por excursionistas, é dicir persoas chegadas de comunidades limítrofes ou que non fixeron noite na comunidade.

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xacobeo

Claves

Conceptos