Culturgal remonta a cifra de visitantes

A 16ª edición reuniu máis de 10.000 persoas subindo datos respecto á anterior pero sen chegar a cifras pre-pandemia

4/12/2023 | Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

Culturgal 2023. Foto: Moncho Fuentes para Culturgal

A Feira das Culturas Galegas Culturgal fechou onte a súa décima sexta edición e hoxe presentou as súas cifras de asistencia e primeiras conclusións. Segundo a organización este ao foron máis de 10.000 as persoas que visitaron o recinto de Culturgal durante os tres días de duración do evento. Con estes datos a feira amosa unha recuperación respecto ao ano pasado, que foron de sete mil asistentes, pero aínda non volve aos números pre-pandémicos nos que a cita atraía arredor de 14.000 visitantes cada ano de xeito estable.

A organización presenta esta edición, a primeira baixo a dirección do xornalista e escritor Camilo Franco e coa denominación plural de "Feira das Culturas Galegas", como a que marca "un cambio de ciclo" para o evento e na que, segundo comunican, conseguiuse "cambiar a dinámica dos últimos anos, tanto na súa filosofía como na relación co público, inaugurando unha época distinta para Culturgal". Este ano foi o primeiro que Culturgal saíu do Pazo de Cultura de Pontevedra e levou parte das súas actividades ata a Sede da Deputación de Pontevedra en Vigo. Esta ampliación anticipa unha liña de traballo que continuará en futuras edicións e desde a dirección confirman que a cita "aspira a seguir expandíndose". O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu nesta fin de semana máis de 200 actividades, entre a programación xeral e a dos expositores, que conseguiron atraer o interese dunha audiencia variada que se repartiu entre as diferentes propostas de maneira fluída, apuntan desde a organización.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Feira, Pontevedra, Filosofía...